Skip to main content

986 19 24 84 / info@arelaarquitectura.com

986 19 24 84 / info@arelaarquitectura.com

Reformas integrais de vivendas

Xestión e control

Axudámoste a levar a cabo as túas ideas dende a certeza de que sabes o que queres, o que necesitas e o que che gusta. Abordaremos o teu proxecto de forma única, para conseguir un resultado totalmente personalizado e adaptado ás túas prioridades e ao teu orzamento.

Arela Arquitectura - Reforma de vivendas en Vigo, Galicia
Arela Arquitectura - Queremos darlle forma ó eu forgar

primeira proposta sen compromiso

Acabas de mercar un piso e necesita unha reforma? Buscas unha nova distribución? Ven a coñecernos e terás unha proposta personalizada e un orzamento para as obras. Ademais, xestionaremos os permisos necesarios para entregarche a vivenda totalmente renovada.

Queres coñecer o prezo estimado da túa reforma?

Proceso de traballo

Acompañado, sincero, comprometido e sereno. Así o facemos:

1

Proposta personalizada

Un deseño personalizado para a túa vivenda. Terás a imaxe global da reforma e a información técnica para tomar as decisións acertadas e valorar a súa viabilidade.

¿Que che imos a entregar?
Planos da proposta.
Valoración económica.
Infografías interiores.

2

Asesoramento técnico

Pomos a túa disposición a nosa experiencia en deseño de espazos e os nosos coñecementos técnicos. Propoñerémosche distintas solucións de calidade.

Terás á túa disposición a información necesaria para tomar decisións intelixentes.

3

Xestión total da obra

Estamos presentes en todo o proceso da obra, xestionando os distintos profesionais e reducindo os imprevistos. Olvídate das tarefas pesadas.

Manterémoste ó día dos traballos e entregarémosche a obra terminada e lista para entrar a vivir.

Algúns exemplos de vivendas reformadas:

Queres ver exemplos de reformas?

Outros servizos

Se este servizo non encaixa co que buscas, temos estas opcións para ti:
Arela Arquitectura - Outros Servizos para reformar a túa vivenda

vivenda de obra nova ou rehabilitacións

Deseño e viabilidade económica

outros servizos técnicos

Informes técnicos, certificados…
Arela Arquitectura - Estudio de Arquitectura en Vigo

986 192 484

info@arelaarquitectura.com


Arela Arquitectura - Estudio de Arquitectura en Vigo

© 2022 Arela / arquitectura Branding & Web deseñados por Croqueta Studio para Marga, Alejandro e Roberto.