Skip to main content

986 19 24 84 / info@arelaarquitectura.com

986 19 24 84 / info@arelaarquitectura.com

Vivendas de obra nova e
rehabilitacións

Arquitectura cercana e de confianza

A miúdo adoitamos enfrontarnos a retos na nosa vida. Algúns meirandes que outros, uns máis importantes, outros menos.
É posible que un dos retos máis importantes na vida sexa o de construír o noso fogar.

Resolver e superar este reto contigo é o que nos permite sentirnos felices e satisfeitos. Queremos axudarche neste proceso e acompañarte dende as primeiras ideas.

Arela - Estudio de Arquitectura - Vivendas de obra nova e rehabilitacións

Especializados en
deseño de vivendas

vivenda de obra nova

O reto está en definir as prioridades da vivenda e adaptalas aos recursos cos que se contan, conseguindo un deseño único e á medida dos teus soños.
Ese é o noso traballo, e desexamos axudarche a conseguilo.

rehabilitación de vivenda

Recuperar unha vivenda e facela de novo habitable, conservando a memoria do preexistente e enriquecéndoa con técnicas contemporáneas.
Conseguindo o equilibrio entre o valor patrimonial e os requisitos actuais de sustentabilidade, eficiencia, confort,…

Queres coñecer o prezo estimado da túa vivenda?

Proceso de traballo

Acompañado, sincero, comprometido e sereno. Así o facemos:

1

Anteproxecto

Deseño e viabilidade económica.

Unha casa pensada para ti.
Recollemos as túas ideas e estudamos o estado urbanístico da parcela.

Que che imos a entregar?
Planos da proposta.
Primeria valoración económica.
Infografías exteriores.

2

Proxecto básico

Autorizacións municipais e sectoriais.

Terás o asesoramento que precisas para tomar decisións intelixentes. Aquí definiremos as características xerais da vivenda.

Este documento serve para solicitar a licenza municipal e outras autorizacións, pero non para iniciar as obras.

Arela  arquitectura - Queremos darlle forma á túa vivenda

3

Proxecto de execución

Eficiencia e sustentabilidade.

Definiremos a vivienda na súa totalidade, estudaremos posiblidades para facer a túa vivenda confortable, segura e eficiente enerxeticamente.

Este documento é imprescindible para comezar as obras. Entregarémoste o Proxecto visado polo Colexio de Arquitectos.

4

Dirección de obra

Rigor constructivo.

A nosa labor será a de dar todas as instruccións en obra para garantir a fidelidade ó proxecto aprobado e a de anticipamos aportando solucións ante posibles imprevistos.

Traballamos con rigor e responsabilidade.

Arela Arquitectura- Estudio en Pontevedra - Servizo de chave en man

Servizo de chave en man

Se prefires descargar en nós todas as tarefas pesadas, temos un servizo integral para a túa tranquilidade: proxecto, construción e acabados. Encargarémonos do bo desenrolo da obra e da xestión económica da mesma.

Algúns exemplos de vivendas de obra nova

Edificio de vivendas en Brión

Centro de día en Campo Lameiro

Vivenda en Cabral

Queres ver máis exemplos de vivendas de obra nova ou rehabilitacións?

Outros servizos

Se este servizo non encaixa co que buscas, temos estas opcións para ti:
Arela Arquitectura - Outros servizos para construír o teu fogar

reformas integrais

Xestión e control de obra

outros servizos técnicos

Informes técnicos, certificados…
Arela Arquitectura - Estudio de Arquitectura en Vigo

986 192 484

info@arelaarquitectura.com


Arela Arquitectura - Estudio de Arquitectura en Vigo

© 2022 Arela / arquitectura Branding & Web deseñados por Croqueta Studio para Marga, Alejandro e Roberto.