Reforma parcial de piso en Vigo, 2018. Unha vivenda, que despóis da reforma, recupera a luminosidade perdida e reconcila a zonificación por usos coa versatilidade e a continuidade visual. Cando Mar mercou a seu novo piso, este estaba demasiado compartimentado, e os espazos da cociña e o salón eran incómodos. Ademáis a vivenda necesitaba dun traballo de actualización para resultar acorde á vida de Mar. Os obxectivos da reforma foron conseguir que toda a vivenda seguise unha mesma liña estética, ademais de potenciar a luminosidade do piso e facelo máis diáfano. Tamén aproveitar varios espazos baleiros e lograr un pequeno cuarto multiusos, que puidese ser zona de estudio ou habitación de invitados.