Edificio de vivendas en Brión
Proxecto para cooperativa de 20 vivendas en Brión., 2022.
Proxecto para cooperativa de 20 vivendas en Brión., 2022.
Proxecto e xestión de obra para reforma interior de vivenda en Vigo, 2019.
Benvidos á casa de Aida.
Partindo da distribución orixinal e eliminado por completo algúns tabiques, logrouse un conxunto versátil, unha casa que nolo ofrece todo: unha cociña que convida á socialización (a raíña da casa), outros recunchos privados, espazos para o teletraballo ou un salón para compartir en familia.
A luz amortece as tonalidades escuras dos revestimentos e acabados. Ademais, o continuo contraste coa cor negra transmite carisma e carácter. Como Aida.
Rehabilitación e ampliación de vivenda tradicional. A intervención respecta a volumetría da casa principal eliminando as edificacións anexas e os galpóns.
Preténdese modificar o menos posible a súa configuración estrutural, mantendo os muros de carga de cachotería e potenciando estéticamente a súa presenza.
As actuacións a realizar serán as necesarias para adaptar a vivenda a unha nova forma de vivir, na que os seus habitantes xa non traballan no campo e necesitan, polo tanto, adaptar o existente ás súas novas necesidades. Esta adaptación pasa por garantir a pervivencia dos elementos construtivos tradicionais: muros, tamaño dos ocos da fachada, carpinterías de madeira con mostradores interiores e cubertas de tella cerámica sobre estrutura de armazón de madeira.
Para recuperar os muros de pedra tradicionais, realizaranse tarefas de limpeza e rexuntado con morteiro de cal. Ademais, no edificio contiguo, o revoco exterior realizarase con morteiros hidrófugos acabados con pintura de silicato branco 0500-N.
Pero, ademais da rehabilitación, a interveción inclúe a construción de dúas novas pezas.
A estratexia para estes novos volumes será a de, mostrando evidencias dunha arquitectura contemporánea, continuar materialmente o xa existente e completar o conxunto.
Empregaranse elementos estruturais de madeira e as cubertas de chapa de cinc con xunta alzada, construídas tamén sobre armazóns estruturais de madeira. Utilizaranse cerramentos revocados con morteiros hidrófugos con acabado en pintura de silicato branco 0500-N e fachadas de taboleiro de madeira.
Os ocos da fachada son neste caso máis grandes, evidencia dunha construción moderna.
Estado actual:
En Arela temos claro que un dos motivos polos que os nosos clientes deciden deseñar unha vivenda dende cero é porque queren que transmita a súa esencia e a súa forma de vivir e de sentir cada espazo.
Nesta vivenda en Cabral, convertemos esa idea no ‘leimotiv’ do proxecto, empapándonos do estilo e das ideas que nos transmitiron María e Guillerme, para lograr unha vivenda nun volume rotundo de pedra con cuberta a dúas augas con acabado de tella.
Esta imaxe próxima á idea de vivenda tradicional galega rómpese con grandes ocos vidrados nas fachadas principais. Na planta baixa, o salón-comedor ten comunicación directa co xardín e os espazos exteriores, vinculándose a estes mediante unha pérgola de madeira.
Infografías do Proxecto:
Fotos da obra:
Anteproxecto de vivenda nova en Sabarís, Baiona. Unha casa pensada para Tatiana e Guillermo.