Un equipo creativo e técnico

A

Roberto Lores

Director de proxectos
 

B

Marga González

Directora de proxectos

C

Alejandro Costas

Director técnico

Entendemos a arquitectura e o urbanismo como resposta a unha necesidade, individual ou colectiva, que se materializa nun equilibrio formal e rigor construtivo. Detrás de cada proxecto e de cada obra existe unha arela. Para convertir as túas en realidade estás no lugar axeitado.

ARELA: substantivo feminino

1. Desexo moi forte dunha cousa. / A súa arela era vernos felices.
Sinónimos: afán, anhelo, ansia, degoiro, degoro.

Filosofía de traballo

Experiencia e coñecemento son a nosa base, pero a creatividade e a dedicación é o que nos diferenza. Enfrentámonos a cada traballo con ilusión, intensidade e sinceridade.
Cremos no traballo en equipo e no contacto constante cos nosos clientes e coas consultoras profesionais. Esta sinerxia permítenos enfrontarnos a proxectos de diferentes escalas e tipoloxías.
En outubro do 2015 asentámonos no centro de Vigo, pero seguimos a realizar a nosa actividade profesional en toda Galicia.

Este sitio utiliza cookies para mellorala experiencia de usuario/a. Se continúa a navegar, estará dando o seu consentimento e aceptando a nosa  política de cookies.