Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Equipo
De trato cercano, responsables, implicados, realistas, honestos, con empatía e flexibles.

Enfrontámonos a cada traballo con ilusión, intensidade e sinceridade.
Cremos no traballo en equipo e no contacto constante cos nosos clientes e coas consultoras profesionais. Esta sinerxía permítenos enfrontarnos a proxectos de diferentes escalas e tipoloxías.
Entendemos a arquitectura e o urbanismo como resposta a unha necesidade, individual ou colectiva, que se materializa con rigor construtivo.
Arela é un nome galego que se emprega
para aquelo que supón un desexo moi forte dunha cousa.
Eliximos unha verba galega porque nos une unha forte vinculación co lugar e coa proximidade. A meirande parte dos nosos traballos emprázanse na nosa contorna, con dúas bases, unha en Vigo e outra no Salnés.
Detrás de cada proxecto e de cada obra existe unha arela. Para converter a túa en realidade estás no lugar axeitado.
En 2015 asentámonos no centro de Vigo, pero seguimos a realizar a nosa actividade profesional en toda Galicia.
A nosa historia

ARELA ARQUITECTURA xorde como un proxecto de vida profesional e persoal en abril de 2015. Non era, para nada, un bo momento para traballar no sector da construción. Con todo, apostamos por darlle unha oportunidade ao oficio para o cal nos formabamos. E ademais apostamos por facelo preto de casa, cando todo apuntaba a que a mellor decisión profesional sería dedicarse á arquitectura pero no estranxeiro.
ARELA foi desde o inicio un proxecto a longo prazo, dende o minuto un cremos estar a construír tamén un proxecto de vida. Compensamos a falta inicial de medios e de experiencia (tamén empresarial) con esforzo, ilusión, profesionalidade e un gran sentimento de responsabilidade cara ao noso traballo e cara aos nosos clientes.
Hoxe, ARELA conta con máis medios, máis persoal, estabilidade… pero a dedicación ao noso oficio e o sentimento de responsabilidade seguen sendo nosos acenos de identidade.
