Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Piso Rodiño
Reforma interior de vivenda no ensanche de Santiago de Compostela, 2017.
Transformar unha vivenda escura, con teitos baixos e pouco funcional nun fogar adaptado ás necesidades dos novos propietarios, onde amais dos requisitos funcionais, se buscaba dotar á vivenda de máis amplitude, rompendo os falsos teitos e aproveitando o espazo superior.
É así como cunha actuación sinxela e concreta se conseguiu pasar dun salón hermético e reducido a un amplo e luminoso.
O aproveitamento dos recursos existentes, tales como a baldosa hidráulica e mailo parqué, constitúen os elementos máis distintivos en canto aos acabados.
Acondicionouse un espazo baixo cuberta, que serve como lugar de almacenaxe. A habitación principal gañou un aseo e o baño principal adiantouse ao corredor, para axudarnos a diferenciar un espazo de vestíbulo do que carecía a vivenda.
Aproveitouse mellor o espazo baixo o faldón máis tendido da cuberta, co gran oco do cuarto e coa distribución da cociña. Deste xeito, a vivenda convertiuse nun espazo máis amplo e diáfano, marcando en todo momento o paso do tempo a través do aproveitamento dos materiais antigos na proposta definitiva.