986 19 24 84 / info@arelaarquitectura.com

Rehabilitación en Croas

Rehabilitación e ampliación de vivenda tradicional. A intervención respecta a volumetría da casa principal eliminando as edificacións anexas e os galpóns.

Preténdese modificar o menos posible a súa configuración estrutural, mantendo os muros de carga de cachotería e potenciando estéticamente a súa presenza.

As actuacións a realizar serán as necesarias para adaptar a vivenda a unha nova forma de vivir, na que os seus habitantes xa non traballan no campo e necesitan, polo tanto, adaptar o existente ás súas novas necesidades. Esta adaptación pasa por garantir a pervivencia dos elementos construtivos tradicionais: muros, tamaño dos ocos da fachada, carpinterías de madeira con mostradores interiores e cubertas de tella cerámica sobre estrutura de armazón de madeira.

Para recuperar os muros de pedra tradicionais, realizaranse tarefas de limpeza e rexuntado con morteiro de cal. Ademais, no edificio contiguo, o revoco exterior realizarase con morteiros hidrófugos acabados con pintura de silicato branco 0500-N.

Pero, ademais da rehabilitación, a interveción inclúe a construción de dúas novas pezas.

A estratexia para estes novos volumes será a de, mostrando evidencias dunha arquitectura contemporánea, continuar materialmente o xa existente e completar o conxunto.

Empregaranse elementos estruturais de madeira e as cubertas de chapa de cinc con xunta alzada, construídas tamén sobre armazóns estruturais de madeira. Utilizaranse cerramentos revocados con morteiros hidrófugos con acabado en pintura de silicato branco 0500-N e fachadas de taboleiro de madeira.

Os ocos da fachada son neste caso máis grandes, evidencia dunha construción moderna.

Estado actual:

 


986 192 484

info@arelaarquitectura.com


Arela Arquitectura - Estudio de Arquitectura en Vigo

© 2022 Arela / arquitectura Branding & Web deseñados por Croqueta Studio para Marga, Alejandro e Roberto.