Informes, certificados enerxéticos...

PRECISAS ASESORAMENTO TÉCNICO?

O teu despacho técnico

En ARELA ofrecemos a nosa experiencia e os nosos coñecementos como arquitectos para informar e asesorar a comunidades de veciños, empresas e particulares. Como podemos axudarte?

Redacción e proxectos

Proxectos de arquitectura para obra nova ou reforma e rehabilitación de vivendas unifamiliares, edificios de equipamentos, comunidades de veciños e locais comerciais.
Sabemos das dificultades de enfrontarse a unha obra, polo que acompañamos aos nosos clientes en todo o proceso: anteproxecto, viabilidade económica, proxecto básico, proxecto de execución, permisos e licenzas, dirección de obra.

Dirección de obra

Supervisamos o correcto desenvolvemento das obras nos seus distintos aspectos técnicos, estéticos, urbanísticos e económicos, sempre de acordo coas definicións do Proxecto Técnico.
Controlamos o proceso da obra dende o seu comezo e resolvemos os posibles imprevistos que puideran xurdir durante a execución, en consenso co promotor dos traballos.
Redactamos e asinamos a documentación requerida para o final de obra.

Servizos técnicos

Elaboramos a seguinte documentación técnica:

    • Informes de Avaliación de Edificios
      (IEE/IAE).
    • Certificados de Eficiencia Enerxética
      (CEE).
    • Memorias de Actividade para a apertura
      de locais comerciais.
    • Informes Técnicos:
      Estado de Actual, de Adecuación Urbanística, de Patoloxías etc.

Este sitio utiliza cookies para mellorala experiencia de usuario/a. Se continúa a navegar, estará dando o seu consentimento e aceptando a nosa  política de cookies.