Vivenda en Cabral
< VOLTAR A PROXECTOS
En Arela temos claro que un dos motivos polos que os nosos clientes deciden deseñar unha vivenda dende cero é porque queren que transmita a súa esencia e a súa forma de vivir e de sentir cada espazo.
Nesta vivenda en Cabral, convertemos esa idea no ‘leimotiv’ do proxecto, empapándonos do estilo e das ideas que nos transmitiron María e Guillerme, para lograr unha vivenda nun volume rotundo de pedra con cuberta a dúas augas con acabado de tella.
Esta imaxe próxima á idea de vivenda tradicional galega rómpese con grandes ocos vidrados nas fachadas principais. Na planta baixa, o salón-comedor ten comunicación directa co xardín e os espazos exteriores, vinculándose a estes mediante unha pérgola de madeira.
-
Arela-Arquitectura-Vivenda-Cabral-01
-
Arela-Arquitectura-Vivenda-Cabral-02
-
Arela-Arquitectura-Vivenda-Cabral-03
-
Arela-Arquitectura-Vivenda-Cabral-04
-
Arela-Arquitectura-Vivenda-Cabral-05
-
Arela-Arquitectura-Vivenda-Cabral-06