Skip to main content

986 19 24 84 / info@arelaarquitectura.com

986 19 24 84 / info@arelaarquitectura.com

Etiqueta: Reforma

Reforma interior en Vigo

Proxecto e xestión de obra para reforma interior de vivenda en Vigo, 2019.

 

Benvidos á casa de Aida.

Partindo da distribución  orixinal e eliminado por completo algúns tabiques, logrouse un conxunto versátil, unha casa que nolo ofrece todo: unha cociña que convida á socialización (a raíña da casa), outros recunchos privados, espazos para o teletraballo ou un salón para compartir en familia.

A luz amortece as tonalidades escuras dos revestimentos e acabados. Ademais, o continuo contraste coa cor negra transmite carisma e carácter. Como Aida.

 

 

 

Piso Rodiño

Reforma interior de vivenda no ensanche de Santiago de Compostela, 2017.

Transformar unha vivenda escura, con teitos baixos e pouco funcional nun fogar adaptado ás necesidades dos novos propietarios, onde amais dos requisitos funcionais, se buscaba dotar á vivenda de máis amplitude, rompendo os falsos teitos e aproveitando o espazo superior.

É así como cunha actuación sinxela e concreta se conseguiu pasar dun salón hermético e reducido a un amplo e luminoso.

O aproveitamento dos recursos existentes, tales como a baldosa hidráulica e mailo parqué, constitúen os elementos máis distintivos en canto aos acabados.

Acondicionouse un espazo baixo cuberta, que serve como lugar de almacenaxe. A habitación principal gañou un aseo e o baño principal adiantouse ao corredor, para axudarnos a diferenciar un espazo de vestíbulo do que carecía a vivenda.

Aproveitouse mellor o espazo baixo o faldón máis tendido da cuberta, co gran oco do cuarto e coa distribución da cociña. Deste xeito, a vivenda convertiuse nun espazo máis amplo e diáfano, marcando en todo momento o paso do tempo a través do aproveitamento dos materiais antigos na proposta definitiva.

 

Piso Trasande

Reforma interior de vivenda, 2019

Este é o novo fogar de Mercedes e a súa familia.

Fotos do estado previo:

 

A Casa de Mar

Reforma parcial de piso en Vigo, 2018.

Cando Mar mercou o seu novo piso, este estaba demasiado compartimentado, e os espazos da cociña e o salón eran incómodos. Ademáis a vivenda necesitaba dun traballo de actualización para resultar acorde a súa forma de ser e de vivir.

Os obxectivos da reforma foron conseguir que toda a vivenda seguise unha mesma liña estética, ademais de potenciar a luminosidade do piso e facelo máis diáfano.

Aproveitando varios espazos baleiros logramos un pequeno cuarto multiusos, que pode ser zona de estudio ou habitación de invitados.

Unha vivenda, que despóis da reforma, recupera a luminosidade perdida e reconcilia a zonificación por usos coa versatilidade e a continuidade visual.

 

Arela Arquitectura - Estudio de Arquitectura en Vigo

986 192 484

info@arelaarquitectura.com


Arela Arquitectura - Estudio de Arquitectura en Vigo

© 2022 Arela / arquitectura Branding & Web deseñados por Croqueta Studio para Marga, Alejandro e Roberto.