Vivenda Astrai
Anteproxecto de vivenda nova en Ordes, 2018.
Un volume lixeiro que se apoia nunha base pesada. Unha vivenda de dous andares que busca a sinxeleza nos seus detalles. Dous materiais en contraposición, o pesado, o formigón visto; fronte á peza superior, con acabado branco. A zona de día desenvólvese na planta baixa e a de noite na alta. Grandes ocos para aproveitar a iluminación e comunicarse co resto da parcela.
A edificación auxiliar acolle todos os usos secundarios que precisan os propietarios, e entre esta e a vivenda disponse unha cuberta para desenvolver o garaxe.



