Axudámoste a levar a cabo as túas ideas dende a certeza de que sabes o que queres, o que necesitas e o que che gusta. Abordaremos o teu proxecto de forma única, para conseguir un resultado totalmente personalizado e adaptado ás túas prioridades e ao teu orzamento.
Acabas de mercar un piso e necesita unha reforma? Buscas unha nova distribución? Ven a coñecernos e terás unha proposta personalizada e un orzamento para as obras. Ademais, xestionaremos os permisos necesarios para entregarche a vivenda totalmente renovada.
Acompañado, sincero, comprometido e sereno. Así o facemos:
1
Proposta personalizada
Un deseño personalizado para a túa vivenda. Terás a imaxe global da reforma e a información técnica para tomar as decisións acertadas e valorar a súa viabilidade.
¿Que che imos a entregar? Planos da proposta. Valoración económica. Infografías interiores.
2
Asesoramento técnico
Pomos a túa disposición a nosa experiencia en deseño de espazos e os nosos coñecementos técnicos. Propoñerémosche distintas solucións de calidade.
Terás á túa disposición a información necesaria para tomar decisións intelixentes.
3
Xestión total da obra
Estamos presentes en todo o proceso da obra, xestionando os distintos profesionais e reducindo os imprevistos. Olvídate das tarefas pesadas.
Manterémoste ó día dos traballos e entregarémosche a obra terminada e lista para entrar a vivir.