Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Casa Carro
Rehabilitación de vivenda tradicional en Cambados, 2018
Nun núcleo de vivendas de tradición mariñeira, ofrécesenos a posibilidade de rehabilitar unha antiga vivenda empregada como almacén.
Atopámonos cun predio de pequenas dimensións e entre medianeiras, o cal foi intervido na súa fachada con anterioridade, e estaba totalmente baleiro no seu interior.
A proposta adáptase á envolvente e procura aproveitar todos os recursos da mesma, desenvolvendo o programa en dous andares, coa zona de día na primeira planta e a de noite na superior. A búsqueda de iluminación natural é un dos factores primordiais. Para iso proxectamos un lucernario que ilumina os dous andares.
A pedra, a madeira e maila propia luz conforman o interior desta vivenda, que malia ser actual, adáptase a un espazo tradicional e cultural singular, tal como é o núcleo de Santo Tomé en Cambados.
Imaxes dos estado previo: